Martes 15 de septiembre 2009
Axenda
A mostra "En branco", de Jesús Madriñán, na Zona "C"
Jesús Madriñán expón a súa obra na Zona "C", nunha mostra comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro e coa colaboración do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago.
Do 24 de xuño ao 20 de setembro, na Zona "C".
Axenda
A primeira liña do ferrocarril galego: Cornes-Carril
A Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril e o CSC Conxo presentan unha exposición con motivo da XXIV Semana Cultural de Conxo, que permite coñecer a que foi a primeira liña de ferrocarril galega, que unía Cornes con Carril, inaugurada o 15 de setembro de 1873.
Do 8 ao 30 de setembro, no Centro Sociocultural de Conxo.
Axenda
Visita ao Museo Ferrocarrilero e ao Museo do Ferrocarril
Péchase o programa da XXIV Semana Cultural de Conxo, que este ano estivo dedicada ao mundo do tren coa conmemoración da primeira liña férrea galega: a que uniu Cornes e Carril en 1873.
A liña entre Cornes e Carril inaugurouse un 15 de setembro de 1873. Para conmemorar o aniversario, o Centro Sociocultural de Conxo organizou unha visita aos dous museos do ferrocarril situados naquel trazado pioneiro: o Museo Ferrocarrilero John Trulock, en Iria Flavia, e o Museo do Ferrocarril en Vilagarcía de Arousa.
Para participar na visita é precisa inscrición previa, que pode realizarse no CSC de Conxo ou chamando ao seu número de teléfono: 981 528 740. As prazas son limitadas ata completar a capacidade do autocar, que sairá ás 17:00 horas do Centro Sociocultural de Conxo (Praza de Aurelio Aguirre) e fará unha parada na Estación de Tren de Compostela antes de emprender viaxe para recoller as persoas que desexen presentarse alí.
O martes 15 de setembro, a partir das 17:00 horas.