Martes 23 de enero 2007
Axenda
Exposición sobre a identidade no CSC de Fontiñas
Mar Castro Manzanares é veciña de Conxo, estudou fotografía na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Na súa obra reflíctese o intento por afondar e abranguer o plano conceptual. A súa mirada vai do concepto á imaxe, nun camiño no que vai esmiuzando e devalando na procura final da súa plasmación integral a través da imaxe. Con comezo e fin, a obra "Identidade" incorpora significación ás imaxes e ilustra unha mensaxe que vai cobrando sentido ao tempo que se vai transmitindo.
O tema identidade, introdúcenos nun tema moi recorrente nos nosos días. A identidade individual e colectiva, o suxeito no mundo actual en que interesa en canto número. A identidade sentida como ausencia dela, a idea de encontrarnos a nós mesmos, de situármonos... A identidade como cambio. En fin, a busca da identidade.
Atao 15 de febreiro, no Centro Sociocultural de Fontiñas.
Axenda
Exposición "Memorial da liberdade"
O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Memorial da Liberdade. Represión e Resistencia en Galicia 1936-1977", comisariada por Enrique Acuña.
Do 3 de novembro de 2006 ao 31 de xaneiro de 2007.
Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (excepto os días de concerto ata as 19:00 h).
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.