Jueves 18 de enero 2007
Axenda
Teatro Escolar no Principal
"Buh! ¿quen non pasou unha noite de medo?" é a obra que poderán ver os máis novos ao longo de varias representacións. O elenco de Berrobambán fórmano Teresa Rodríguez, Manolo Vázquez, Lorena Conde e Chiqui Pereira. Dirixe Paula Carballeira.
Os días 10, 11, 12, 15, 16, 17, 18, 19 e 22 de xaneiro, ás 10:30 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Exposición "Memorial da liberdade"
O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Memorial da Liberdade. Represión e Resistencia en Galicia 1936-1977", comisariada por Enrique Acuña.
Do 3 de novembro de 2006 ao 31 de xaneiro de 2007.
Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (excepto os días de concerto ata as 19:00 h).
Axenda
Ciclo de cine sobre dereitos humanos
O Teatro Principal acolle unha mostra de cinema no que a tematica fundamental son os dereitos humanos.
Do 15 ao 21 de xaneiro, en diferentes horarios, no Teatro Principal.
Axenda
Bal y Gay e Hummel no Auditorio
Hansjörg Schellenberger dirixe á Real Filharmonía de Galicia nun novo concerto de abono. A orquestra interpretará obras de Bal y Gay, Hummel e Mozart. Javier Simó estará á trompeta.
O xoves 18 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.