Sábado 15 de marzo 2008
Axenda
"A historieta galega", no Auditorio
A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.
Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Estrutura Binaria" na Zona C
Marga Crespo expón a súa obra, baixo o título de Estrutura binaria, na Zona C.
Do 12 de marzo ao 4 de maio.
Axenda
Exposición de tapices de Carita Dubrovin nos centros socioculturais
A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta "Personaxes e paisaxes", unha colección de quince tapices elaborados pola artista finlandesa Carita Dubrovin Sandstrom.
Calendario:
CSC Fontiñas 15 de xaneiro ao 1 de febreiro
Rúa Berlín, 13. 981.528.750
CSXM O Ensanche 2 ao 16 Febreiro
Frei Rosendo Salvado, 14-16. 981.543.001
CSC Conxo 19 Febreiro ao 12 Marzo
Praza Aurelio Aguirre, 1. 981.528.740
CSC Castiñeiriño 12 ao 28 Marzo
Virxe de Fátima 1. 981. 542.459
CSC A Trisca 28 de marzo ao 12 de Abril
Corredoira das Fraguas 92. 981.543.191
CSC Vite 15 ao 30 Abril
Carlos Maside, 7. 981.542.490
Axenda
Uxía nun novo concerto de "Sons da diversidade"
O terceiro concerto de Sons da diversidade ten como protagonista a Uxía Senlle. Presenta o seu novo traballo, que funde o fado, o alalá e a morna.
O sábado 15 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.