Miércoles 12 de diciembre 2007
Axenda
Santiago dC
A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.
A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.
Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).
Axenda
Os novos creadores do GZ Crea expoñen na Zona "C"
O Certame Galego de Creadores Novos GZcrea 2007 abre portas aos máis novos creadores galegos.
Do 8 de novembro ao 16 de decembor, na Zona "C", en San Domingos de Bonaval. Poderase ver a mostra todos os días, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Os luns, a Zona "C" pecha.
Axenda
A Orquestra de Cámara Galega no Auditorio
Rogelio Groba dirixe á Orquestra de Cámara Galega nun concerto no que interpretará obras de Haendel, Groba, Gaos e Mendelssohn. Con Clara Groba no violencelo e o coro Obradoiro vocal A Vila.
O mércores 12, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Nove Dous trae a Compostela "Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas"
Chega ao Principal "Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas", de Rodrigo García. A compañía Nove Dous encárgase desta representación, que recibiu o premio Max 2004 á mellor adaptación de obra teatral. Dirixe Roberto Cerdá.
O mércores 12 e o xoves 13, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.