Domingo 12 de diciembre 2010
Axenda
Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda
O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.
Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.
Axenda
"Poesía suspensa" na Zona C
Poesía suspensa é unha mostra poética e pictórica comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares que se puido ver ao longo do Camiño de Santiago nalgún dos seus albergues máis representativos. Agora exhíbese en Santiago.
Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro na Zona C.
Axenda
Apalpando as ilusións 2010
O programa Apalpando as ilusións leva aos centros e locais socioculturais da cidade diversas actividades lúdicas, culturais e de conciliación familiar co Nadal como marco.
Ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais.
Axenda
Banda Municipal de Música: "Lembrando a Castelao"
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece o concerto especial dedicado a Castelao, para o que conta coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
O domingo 12 de decembro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
IX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán
Nova edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán. Serán catro espectáculos quel levarán a escea as diversas formas de entender o teatro afeccionado que teñen os grupos que conforman.
Programa:
12 de decembro
Gala X Aniversario FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado). Entrega do I Premio FEGATEA.
13 de decembro
Teatro de Cámara Dietea: Acto imprevisto. Aquí cheira a morto
14 de decembro
Paso de Valverde: Drammático
15 de decembro
NNC Teatro: Peza para dous actores
16 de decembro
O Aturuxo de Melpómene: Non todos os ladróns veñen por mal
Todas as sesións no Teatro Principal.