Martes 20 de enero 2009
Axenda
"Artisticamente (in)correcto", de Amaya González, na Zona "C"
A Zona "C" compostelá cede o seu espazo a unha artista moza de Pontevedra, Amaya González, que realizará unha intervención artística baixo o título de Artisticamente (in)correcto.
Do 18 de decembro ao 8 de febreiro na Zona "C".
Axenda
"Bicos con lingua" no Teatro Principal
Talía Teatro recupera en Bicos con lingua moitos dos contos de Longa lingua. Humor, xestos, actitudes e costumes do cotián que constitúen unha proposta sincera que leva ás táboas a nosa situación sociolingüística.
O martes 20 e o mécores 21, ás 11:00 e ás 12:30 horas, no Teatro Principal.
Axenda
A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia
Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.
Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Ciclo de Cinema e Dereitos Humanos
O Ciclo de Cinema e Dereitos Humanos trae ao Principal os seguintes filmes: Tropa de elite, de José Padilha; Sommers Town, de Shane Meadows; Bucarest, la memoria perdida, de Abert Solé; Camino de Javier Fesser; e La question humaine, de Nicolas Klotz.
Do 19 ao 23 de xaneiro, no Teatro Principal. Proxeccións ás 20:15 e ás 22:00 horas.