Viernes 6 de junio 2008
Axenda
"A historieta galega", no Auditorio
A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.
Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
VII Semana Cultural das Fontiñas
O Centro Sociocultural de Fontiñas celebra unha nova Semana Cultural, nesta ocasión dedicada á auga e ao cambio climático.
Do 3 o 7de xuño.
Axenda
Homenaxe a Xaquín Marín na mostra "Historieta Galega. 1973-2008"
A mostra "Historieta Galega. 1973-2008" toca á súa fin e aproveita a ocasión para homenaxear ao que é un dos máis grandes ilustradores da banda deseñada galega: Xaquín Marín.
O venres 6 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Carlos Blanco e Manecas Costa levan "Humor Neghro" ao Teatro Principal
Noite de humor, música e compromiso no Teatro Principal cos monólogos do galego Carlos Blanco e a música guineano Manecas Costa sobre os procesos migratorios.
O venres 6 e o sábado 7 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.