Domingo 23 de septiembre 2007
Axenda
Santiago dC
A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.
A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.
Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).
Axenda
Bacana interpreta "Hendaya, mon amour"
A compañía Bacana trae a Compostela Hendaya, mon amour, un musical que navega por diferentes estilos musicais: twist, hip hop, balada romántica, copla, pop... Unha comedia en que o amor acaba co fascismo. Paco (Francisco Frango) e Fito (Adolfo de Hit) viven unha complicada relación que comeza e remata en Hendaya.
O sábado 22 e o domingo 23 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.