Sábado 14 de julio 2012
Axenda
"Políptico" na Zona "C"
A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.
Ata o 23 de setembro, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"
O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.
Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Carreira nocturna polo Casco Histórico do I Circuíto "Corre San"
A praza da Quintana é punto de saída e chegada da carreira nocturna e segunda proba do I circuito de carreiras saudables Corre San. Percorrido: Quintana, rúa do Vilar, Porta Faxeira, paseo dos Leóns, Ferradura, volta pola alameda, Porta Faxeira, rúa Nova, Conga, rúa do Vilar e Quintana.
Ás 22:00 horas, saída dos escolares e, ás 22:30 horas, saída dos adultos.