Sábado 14 de abril 2012
Axenda
Chema Madoz: "Ars Combinatoria"
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Ler, contar e gozar coas letras"
A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.
Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.
Axenda
"Será o meu propio paraíso"
A compañía Ars Artis representa Será o meu propio paraíso, dirixida por Lucas Herrador (autor) e Olga Abad.
Todas as representacións na Zona C:
- O sábado 14 de abril, ás 20:30 horas.
- O domingo 15 de abril, ás 19:30 horas.
- O xoves 19, o venres 20 e o sábado 21 de abril, ás 20:30 horas.
- O domingo 22 de abril, ás 19:30 horas.
- O xoves 26, o venres 27 e o sábado 28 de abril, ás 20.30 horas.
- O domingo 29 de abril, ás 19:00 horas.
Axenda
Concerto de Emanuel Ax
Concerto de Emanuel Ax dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage.
J. S. Bach, Suite inglesa núm. 2 en la menor BWV 807.
R. Schumann, Estudos sinfónicos op. 13.
O sábado 14 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.