Martes 13 de julio 2010
Axenda
Árbore urbana en Conxo
O Concello de Santiago e a Asociación Sostibilidade e Arquitectura (ASA) traen ata Conxo unha árbore urbana que producirá enerxía grazas ás pedaladas dos cidadáns e a paneis solares. O seu obxectivo é concienciar aos cidadáns sobre o aforro enerxético e a súa importancia para lograr edificios e cidades sostibles.
Do 7 ao 22 de xullo, na praza Aurelio Aguirre de Conxo.
Axenda
Exposición de Nuria Ruibal na Zona C
A Zona C acolle unha exposición de Nuria Ruibal baixo o título Entre a razón e a pel.
Do 17 de xuño ao 12 de setembro, na Zona C.
Axenda
Mostra sobre a indumentaria tradicional na Casa das Asociacións
A Casa das Asociacións acolle a exposición "A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros". A mostra é obra da Agrupación Folclórica Ximiela, coa colaboración da Deputación da Coruña. Consta de nove traxes rexionais, sete de muller e dous de home, en manequíns, representando a indumentaria tradicional das distintas comarcas galegas. Ademais, exhíbese unha colección de roupas, traxes infantís, adornos, xoiería e unha ampla colección de bonecas.
Todos os traxes foron confeccionados pola Agrupación Folclórica Ximiela, de Louro (Muros). Esta asociación naceu hai dez anos coa intención de ocupar o ocio infantil na parroquia con clases de baile, instrumentación e canto, formando un grupo folclórico. O traxes iniciais dos grupos de baile e gaita eran correntes, e entón propuxéronse confeccionar elos mesmos unha indumentaria luxosa, partindo do afamado que era tradicionalmente o traxe de Muros. Agora exhiben unha pequena mostra, pois teñen preto de cen traxes para todos os seus bailaríns e músicos.
Esta exposición comezou a súa andaina en Muros, o verán de 2009. Dende entón percorreu as salas de exposicións dos concellos de Outes, Mazaricos, Negreira, Ames, Carnota, Cee, Ribeira, Santa Comba, Boiro, Cerceda e Oroso. Tamén representou á Deputación nun programa de intercambio cultural coa cidade portuguesa de Viana, permanecendo exposta un mes no Museo Nacional do Traxe de Portugal. En setembro levarase ao Parlamento Europeo. A Concellería agasallará ás asociacións con exemplares do catálogo desta exposición.
Do 22 de xuño ao 30 de xullo, na Casa das Asociacións.
Axenda
Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda
O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.
Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.
Axenda
Vive o verán
A cidade acolle un amplo programa de actividades ao aire libre, grazas á terceira edición de Vive o verán.
Nos meses de xullo e agosto, e parte de xuño e setembro, en diversos espazo da cidade.
Axenda
Festival Vía Stellae 2010
Quinta edición do Festival Via Stellae, cunha programación aínda máis ampla neste Xacobeo 2010. O centro do Festival é de novo Santiago de Compostela como meta do Camiño. O Concello de Santiago presta a súa colaboración a este evento.
Do 5 ao 28 de xullo.