Jueves 14 de octubre 2010
Axenda
Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda
O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.
Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.
Axenda
A Cidade Interpretada
Nove artistas internacionais transforman Santiago de Compostela durante dous meses no marco do proxecto expositivo A Cidade Interpretada. Estes creadores realizarán diversas intervencións artísticas de carácter temporal en diferentes lugares da cidade dentro desta iniciativa, comisariada por Pablo Fanego.
A Cidade Interpretada contará coas intervencións do artista romanés Mircea Cantor; a parella holandesa Lonnie van Brummelen & Siebren de Haan; a francesa Latifa Echakhch; o austríaco Andreas Fogarasi; o romanés Daniel Knorr; o galego Rubén Santiago; o alemán Florian Slotawa e o neozelandés Michael Stevenson.
Ata o 28 de novembro, en diversos espazos da cidade.
Axenda
Charla sobre conciencia corporal en Fontiñas
No marco do programa Club dos Maiores, nova sesión sobre actividades saudables, nesta ocasión dedicacada á conciencia corporal.
O xoves 14 de outubro, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Projects in Movement
Projects in Movement é un grupo de danza contemporánea afincado en Madrid, creado polo bailarín e coreógrafo israelí Sharon Fridman. En Santiago representará as pezas Shakuff e Carlos & Me.
O xoves 14 de outubro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
A violinista Tianwa Yang coa Orquesta Sinfónica de Navarra
A programación do Auditorio de Galicia inclúe no mes de outubro a actuación da Orquesta Sinfónica de Navarra como orquestra invitada. A formación, dirixida por Ernest Martínez Izquierdo, estará acompañada pola prestixiosa violinista Tianwa Yang. Interpretarán obras de Adams, Sarasate, Ravel e Prokofiev.
O xoves 14 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.