Jueves 7 de mayo 2009
Axenda
Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"
A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.
Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".
Axenda
A compañía La familia presenta "Paraíso sete" no SCQ Danza
Paraíso sete (cabaré) é un espectáculo creado polo colectivo La Familia, un conxunto de creadores que Patricia Ruz reúne para realizar esta proposta de danza-cabaret con música en directo.
O xoves 7 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.