Sábado 21 de junio 2008
Axenda
V Semana Cultural da Trisca
O Centro Sociocultural da Trisca organiza unha nova edición da súa Semana Cultural, cun amplo programa de actividades para todos.
Do 17 ao 21 de xuño.
Axenda
Exposición na Alameda dedicada a Curros Enríquez
O Paseo Central da Alameda acolle unha exposición dedicado ao escritos celanovés Curros Enríquez, un dos autores do Rexurdimento galego e persoeiro histórico das nosas letras.
Do 19 de xuño ao 2 de xullo no Paseo Central da Alameda.
Axenda
Semanas Culturais na Trisca e no Castiñeiriño
"A vida nas palabras" é o título elixido polo Centro Sociocultural da Trisca para servir de fío condutor da súa Semana Cultural. Celebrarase do 16 ao 22 de xuño e contará con música, contacontos, cinema, obradoiros, teatro e excursións. Nas mesmas datas, o CSC do Castiñeiriño celebra tamén a súa semana de actividades.
Do 16 ao 22 de xuño nos CSC da Trisca e do Castiñeiriño.
Axenda
Mostra de fotografía dos nenos da Escola Infantil de Conxo
Os rapaces e rapazas de 3 a 6 anos da Escola Infantil Municipal de Conxo, que forman parte dende hai 3 anos do Obradoiro de arte, expoñen unha pequena mostra do seu labor artístico.
No Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, ata o 25 de xuño.
Axenda
"Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo", no Auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo", que reúne imaxes tiradas por celebridades de distintas disciplinas artísticas
Do 18 de xuño ao 14 de setembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
I Encontro Galego de Escolas Municipais de Música
As prazas do Toural e de Praterías reunirán a 14 agrupacións e 350 músicos no I Encontro Galego de Escolas Municipais de Música.
O sábado 21 de xuño, a partir das 12:00 horas.
Axenda
Festa do Verán en Belvís
A Festa de Verán/A Feira do Sol trae unha xornada con cociñas solares, unha exposición sobre a mundanza climática, unha degustación de pizza e paella vexetal, un obradoiro solar e máis un obradoiro de compostaxe.
Ademais, durante todo o día haberá un mercado de produtos de Comercio Xusto, de agricultura ecolóxica e de artesanía; contacontos, animación de rúa, xogos populares e deporte rural galiciano.
Durante mañá e tarde do sábado 21 no Parque de Belvís. As actividades comezarán a partires das 12:00 h. e prologaranse durante todo o día, tendo prevista a súa finalización por volta das 20:30 h.
Axenda
Concerto no Multiusos do Sar co gallo do Día da Música
O Día da Música celébrase ao grande no Multiusos do Sar cun concerto múltiple no que actuarán Quique González, Deluxe, Ivan Ferreiro, Fanny+Alexander e Som do Galpóm.
O sábado 21 de xuño, ás 22:00 horas, no Multiusos Fontes do Sar.