Martes 17 de noviembre 2009
Axenda
A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio
O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.
Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.
Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Compostela Conta
Compostela Conta é un programa educativo de nova creación, dirixido a todas as idades, coa finalidade de ensinar dun modo lúdico, didáctico e divertido o coñecemento histórico e arqueolóxico sobre un sector da Cidade Histórica.
Executarase a través de dúas actividades:
- Un Gran Xogo: consistirá na realización, por grupos, de probas de habilidade, coñecemento, destreza, interpretación, investigación dun xeito dinámico e lúdico, introducindo aos participantes en diferentes momentos históricos a través de personaxes.
- A Visita Guiada, a través dunha dramatización, consistente nun itinerario polo sector guiado por personaxes da historia, facendo unha viaxe no tempo e no espazo.
Esta actividade está dirixida a toda a poboación de Santiago, organizando grupos cun mínimo de 12 participantes e un máximo de 25 persoas.
Compostela Conta realizarase no sector comprendido entre a igrexa de San Fiz, a praza da Oliveira e o Preguntoiro.
O Xogo será ás 17:00 horas e a representación na rúa ás 18:00 horas. En caso de choiva, a actividade celebrarase no pavillón das flores da praza de Abastos.
As actividades realizaranse do 10 de novembro ao 5 de decembro, de martes a sábado, alternativamente.
A inscrición é de balde. Pode realizarse no centro sociocultural máis próximo, a través do fax (981 542 438) ou do correo electrónico (ccidadehistorica@santiagodecompostela.gal), indicando nome completo, DNI, idade, dirección e número de teléfono de contacto.
Axenda
"Microvoyages", de Esther Ruíz de Pablos, na Zona C
Baixo o nome de Microvoyages, a novísima Esther Ruíz de Pablos presenta este proxecto expositivo no que domina o espírito audiovisual.
A mostra é o resultado do traballo do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e está comisariado por Antonio Díaz Correa.
Do 5 de novembro ao 31 de xaneiro na Zona C.
Axenda
Conferencia para os maiores no CSC das Fontiñas
Marta Jacquet Santamarina imparte unha conferencia sobre O dó: como asimilar a perda dun ser querido. Organizada pola Asociación Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, esta actividade forma parte do programa Club dos Maiores.
O martes 17 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.