Lunes 18 de julio 2011
Axenda
Vive o Verán!
No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir... Iso é Vive o Verán , un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.
Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.
Axenda
"Fashion victim", intervención de Iván Prieto na Zona C
Intervención de Iván Prieto comisariada por Cristina Moreiro. O seu título: Fashion victim.
Do 6 xullo ao 25 de setembro, na Zona C.
Axenda
Vertixe Sonora Ensemble
Concerto de Vertixe Sonora Ensemble no marco do Festival Vía Stellae, titulado Os nosos compositores: Ramón Souto. Detrito monocromía.
Pablo Coello, saxofón
David Durán, piano
Thomas Piel, violoncello
Iago Ríos, trombón
Marta Souto, violín
Diego Ventoso, percusión
Programa:P. Arcent, S. Bardony (España), D. Rotaru (Rumanía), J. Lee (Xapón), F. Koksal (Turquía), F. Bedrossian (Francia), R. Souto (Galicia).
O luns 18 de xullo, ás 20:30 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).