Sábado 8 de mayo 2010
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
XXIX Feira do Libro na Alameda
A 29ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela celébrase do 1 ao 9 de maio. Durante eses dez días, a Alameda acolle os expositores de librarías e editoriais que dan a coñecer as súas principais novidades. A feira complétase cun intenso programa de actividades.
Do 1 ao 9 de maio, de 11:00 a 21:30 horas, na Alameda.
Axenda
Obradoiro con Títeres Cachirulo
No marco do programa Santiago Encantado, obradoiro a cargo de Títeres Cachirulo, unha compañía compostelá que leva dende 1986 montando espectáculos de monicreques para público infantil e adulto.
O sábado 8 de maio, ás 11:30 horas, no Centro Sociocultural de Vite.
Axenda
"Mundos contados", de Talía Teatro
A compañía Talía Teatro ofrece unha sesión de contos que ten como protagonista a Samba, que garda varios mundos dentro dela.
O sábado 8 de maio, ás 12:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
"Imos ao baile" con Eva e Camilo
Nova actividade do programa Imos ao baile, desta volta no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño, coa dirección de Eva e Camilo.
O sábado 8 de maio, ás 17:30 horas, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.
Axenda
Semana da Natureza en Fontiñas
O CSC das Fontiñas acolle unha Semana da Natureza chea de actividades, no marco da Aula de Xogo.
Do 4 ao 8 de maio, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Manualidades no CSC das Fontiñas
No marco do programa Aula de Xogo, sesión de manualidades.
Os sábados 8, 15, 22 e 29 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C
A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.
Ata o 21 de maio, na Zona "C".