Viernes 8 de marzo 2013
Axenda
Unidos pola arte
A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa
A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"O piano e as matemáticas"
Concerto didáctico arredor das matemáticas con música de Music for 88, de Tom Johnson, interpretada por Nicasio Gradaille.
O venres 8 de marzo, ás 10:25 e 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Escenas Poéticas 2: Dessassosego"
Aneis, Asombro e Desassossego constrúen unha proposta escénica, poética, participativa e diversa especialmente deseñada para a Zona C. Tres pezas que abranguen o teatro de obxectos, danza e cabaré.
O 8 e o 9 de marzo, ás 20:30, e os 10 de marzo, ás 19:30 horas, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Faust Box"
Un corpo xace no chan ante a mirada impasible dun home que agarda. Un son de campá e todo se acelera. Un espazo claustrofóbico, o tempo detido, dous corpos enfrontados e moitos recordos por aclarar. Esta é a presentación deste primeiro asalto en forma de microteatro do Faust Box de Ut-Tópico Teatro que poderemos ver no Principal do 4 ao 7 de abril. Dentro do ciclo Teatro & Danza.
Os días 6, 7 e 8 de marzo, ás 20:30 horas, en A Regadeira de Adela.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Real Filharmonía de Galicia
Paul Daniel dirixe á Real Filharmonía de Galicia nun concerto no que interpretarán obras de Wagner, Soutullo e Chaikovski.
O venres 8 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Función Colectiva Festival Atlántica: Día Internacional das Mulleres
Neste día de celebración e reivindicación o Festival Atlántica non quere deixar pasar a ocasión de aportar as voces das súas narradoras e narradores. Unha sesión chea de historias de mulleres, as mesmas que ata hoxe mantiveron a chama da narración oral ao noso redor.
O venres 8 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural