Jueves 28 de febrero 2013
Axenda
Unidos pola arte
A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa
A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"O home almofada"
Il Maquinario Teatro representa un thriller trepidante e malvadamente cómico. Nun país totalitario sen nome, unha escritora agarda ser interrogada pola policía. O home almofada é unha peza de intriga, onde nada é o que semella, tenra e sarcástica a un tempo, e onde o humor negro semella ser o único xeito de enfrontarse coa dureza da vida.
O xoves 28 de febreiro, ás 11:30 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
O violinista Renaud Capuçon coa Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia estará dirixida neste concerto polo seu director titular, Paul Daniel. No concerto, no que contarán co violinista Renaud Capuçon, interpretan obras de Ravel, Lalo e Bizet.
O xoves 28 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
The New Raemon presenta "Tinieblas, por fin"
The New Raemon presenta o seu novo disco: Tinieblas, por fin. Neste concerto estará acompañado de Clara Vinyals. Nova entrega do ciclo Íntimo & Acústico.
O xoves 28 de febreiro, ás 21:00 horas, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural