Jueves 7 de junio 2012
Axenda
Chema Madoz: "Ars Combinatoria"
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"
Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.
Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Políptico" na Zona "C"
A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.
Ata o 23 de setembro, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Pamina Trío clausura o ciclo Música de Cámara no Auditorio
A violinista xaponesa Ikuko Kitakado, a clarinetista española Beatriz López e a pianista xaponesa Keiko Hattori forman Pamina Trío, que pecha a programación do ciclo Música de Cámara.
O xoves 7 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Ariel Rot presenta no Principal o seu disco "Sólo Rot"
Concerto único en Galicia de Ariel Rot para presentar o seu disco Solo Rot.
O xoves 7 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural