Domingo 16 de julio 2006
Axenda
Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca
A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".
Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.
En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.
Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).
Axenda
Festas do Apóstolo 2006
Do 14 ao 31 de xullo, Santiago de Compostela celebra o Apóstolo 2006.
Un completo programa para tódolos gustos para gozar durante 18 días dunhas festas para os santiagueses e para os miles de persoas que nos visitan.
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.
Axenda
VI Xornadas de órgano
O Consorcio de Santiago organiza as VI Xornadas de órgano, que contan con diversas clases prácticas, conferencias e concertos en varios espazos da cidade.
O programa é o seguinte:
12 de xullo Conferencia de Juan Monterroso, catedrático de Historia da Arte, ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
13 de xullo Conferencia de Manuel Cela, organista da Catedral de Santiago, ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
14 de xullo Conferencia de Enrique Jiménez, musicólogo y miembro de la Real Academia de Bellas Artes de san Fernando), ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
15 de xullo Durante todo o día se organizará un percorrido por catro órganos históricos da cidade: Santa Clara, Ánimas, Universidade e San Paio
16 de xullo Concerto de órgano, ás 20:00, na Igrexa de San Miguel dos Agros
17 de xullo Conferencia de Gonzalo Fernández, doctor en Ciencias Físicas, ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
18 de xullo Conferencia de Pilar Alén, profesora de Historia da Música, ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
19 de xullo Conferencia de Fernando Reyes, pedagogo e director do grupo de música antigua 'Resonet', ás 20:00, na Aula 12 da Facultade de Historia
20 de xullo Concerto de órgano, ás 20:00, na Igrexa de San Miguel dos Agros a cargo dos alumnos
Axenda
Os músicos do Louvre interpretan a Haydn
Tres sinfonías londinienses de Joseph Haydn da man dos músicos do Louvre, unha agrupación nada no 82 ao abeiro do director Marc Minkowski.
O domingo 16, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.