Viernes 7 de julio 2006
Axenda
A mellor música italiana con L'Arpeggiata
Na terceira xornada de Via Stellae en Compostela chega unha prestixiosa orquestra italiana, L'Arpeggiata, coa mellor música italiana e mesmo da outra beira do Atlántico.
O venres 7, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca
A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".
Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.
En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.
Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).
Axenda
Festival de Contrabaixo Ludwig Streicher
A Escola de Altos Estudios Musicais organiza este quinto festival, que combinará sesións lectivas de carácter teórico e práctico con concertos e audicións abertas ao público.
Do 3 ao 10 de xullo, na Escola de Altos Estudios Musicais.
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.