Lunes 1 de enero 2007
Axenda
Pista de xeo en Salgueiriños
Na explanada de Salgueiriños, oportunidade para gozar da patinaxe sobre xeo nunha pista de 20 x 30 e nunha carpa de 1.300 metros cadrados.
O prezo é de cinco euros a hora e os patíns están disposición dos usuarios na carpa.
Horario de mañá e tarde. Os xoves, venres e sábado, horario nocturno ata a unha da madrugada.
Axenda
Exposición "Memorial da liberdade"
O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Memorial da Liberdade. Represión e Resistencia en Galicia 1936-1977", comisariada por Enrique Acuña.
Do 3 de novembro de 2006 ao 31 de xaneiro de 2007.
Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (excepto os días de concerto ata as 19:00 h).
Axenda
Cita en "Nadalxogo"
"Nadalxogo" acode fiel á súa cita cos máis novos. Unha ampla oferta de actividades dirixida ao público infantil e xuvenil (de 3 a 17 anos). Obradoiros, teatro, contacontos, deportes...
No Multiúsos Fontes do Sar, do 27 de decembro ao 4 de xaneiro (agás o 31 de decembro), de 17:00 a 21:00 horas.
Entrada nenos: 2 euros (Adultos de balde).
Axenda
Un Conxo de Nadal
O Centro Sociocultural de Conxo organiza unha ampla gama de actividades para o Nadal, tanto para nenos como para maiores.
Ata o 5 de xaneiro, nos distintos espazos do Centro.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.