Martes 19 de diciembre 2006
Axenda
"Carmina Burana" no Multiusos Fontes do Sar
A ópera "Carmina Burana" será representada no Multiusos cunha impresionante posta en escena: un escenario de 27 x 23 metros, e 15 de altura, 166 artistas e máis dun cento de técnicos, trapecistas, malabares e pirotecnia.
O martes 19 de decembro, ás 21:30 horas, no Pavillón Multiusos Fontes do Sar.
Prezo:
Platea A e B: 60 €; Platea C e D e Grada Fondo: 55 €; Grada Baixa: 45 €; Grada Alta: 40 €
Axenda
Pista de xeo en Salgueiriños
Na explanada de Salgueiriños, oportunidade para gozar da patinaxe sobre xeo nunha pista de 20 x 30 e nunha carpa de 1.300 metros cadrados.
O prezo é de cinco euros a hora e os patíns están disposición dos usuarios na carpa.
Horario de mañá e tarde. Os xoves, venres e sábado, horario nocturno ata a unha da madrugada.
Axenda
A cidade interpretada
Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.
Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...
Axenda
Exposición "Memorial da liberdade"
O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Memorial da Liberdade. Represión e Resistencia en Galicia 1936-1977", comisariada por Enrique Acuña.
Do 3 de novembro de 2006 ao 31 de xaneiro de 2007.
Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (excepto os días de concerto ata as 19:00 h).
Axenda
Un Conxo de Nadal
O Centro Sociocultural de Conxo organiza unha ampla gama de actividades para o Nadal, tanto para nenos como para maiores.
Ata o 5 de xaneiro, nos distintos espazos do Centro.
Axenda
"Bicos con lingua" na Sala Yago
Talía Teatro representa "Bicos con lingua". Humor, xestos, actitudes e costumes do cotián que constitúen unha proposta sincera que leva ás táboas a nosa situación sociolingüística.
Os mércores e os xoves, ás 11:30 horas, en sesións para o ensino medio.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.