Martes 7 de agosto 2007
Axenda
Santiago dC
A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.
A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.
Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).
Axenda
VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico
Unha mostra itinerante recolle unha selección das obras presentadas a concurso na VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico.
No Museo do Pobo Galego, do 2 ao 19 de agosto.
Axenda
Feitoaman 2007: Música + Cidade Vella
O mes de agosto trae de novo os concertos de "Feitoaman" ás prazas da Cidade Vella. Jazz, canción de autor, música brasileira, rock progresivo ou funky son algúns dos estilos que se farán presentes nas noites de verán de Compostela.
Do 7 ao 26 de agosto, en diversas prazas da Cidade Histórica.