Sábado 30 de junio 2007
Axenda
Festas no barrio de San Pedro
O barrio de San Pedro celebra as súas festas cun completo programa de actividades.
Do 27 de xuño ao 1 de xullo.
Axenda
II Mostra de folclore tradicional de Brincadeira
Oportunidade para coñecer o traballo feito polo alumnado da escola de baile, gaita, percusión, pandeireta e acordeón de Brincadeira ao longo do curso. Tres grupos de cada disciplina (o dos cativos, e de adultos, iniciación e perfeccionamento) en baile, pandeireta e gaita, tambor e máis bombo, pasarán polo escenario do Teatro Principal.
O sábado 30 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.