Jueves 21 de junio 2007
Axenda
Fin de curso da Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música celebra a fin de curso no Principal. O coro e a orquestra da Escola interpretan diversos temas (uns tradicionais, outros de autores tan consagrados como Miguel Matamoros, Eric Clapton ou os Beatles), de varias partes do mundo.
O xoves 21 de xuño, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.
Axenda
As corais compostelás nos centros socioculturais
As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.
Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.
Axenda
Despedida dunha nova temporada de Sons da Diversidade
Para despedir a tempada de primavera Sons da Diversidade ofrece un concerto de balde e ao aire libre. É o segundo concerto Sons na Rúa, que desta volta trae ata o Campus Sur as bandas: Oojami, Black Bum e Blasted Mechanism; ademais de Lord Keison e Fundación Intemperie.
O xoves 21 de xuño, ás 21:00 horas, no Campus Sur.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.