Sábado 26 de mayo 2007
Axenda
As corais compostelás nos centros socioculturais
As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.
Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.
Axenda
Adriana Calcanhotto en Sons da Diversidade
Continúa Sons da Diversidade coa cantante de Porto Alegre (Brasil) Adriana Calcanhotto. Coa súa guitarra e voz, a artista conseguiu converterse nunha das artistas máis recoñecidas internacionalmente de todo o Brasil.
O sábado 26 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Nova Galega de Danza trae o seu "Engado"
A compañía Nova Galega de Danza trae ao Principal a obra "Engado" Un espectáculo de danza e música que busca nas raíces da música galega.
O sábado 26 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.