Sábado 12 de mayo 2007
Axenda
Move'm Cult & Danza en Vite
Chega unha nova edición do Move´m Cult & Danza, Festival dos ritmos do mundo, co obxectivo de abrir un espazo no que as diferentes culturas se divulguen a través do movemento, a arte ou calquera forma de expresión cercana a todos.
No Centro Sociocultural de Vite, con actividades puntuais no Centro Sociocultural do Ensanche, na Praza do Toural e no Teatro Principal. Do 7 ao 13 de maio.
Axenda
"Aída en Fuego" no Multiusos
"Aída en Fuego" chega ao Multiusos do Sar para amosar ao público compostelán un novo espectáculo de ópera en gran formato.
O sábado 12 de maio, ás 21:00 horas, no Multiusos Fontes do Sar.
Axenda
As corais compostelás nos centros socioculturais
As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.
Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.