Jueves 5 de abril 2007
Axenda
Mostra sobre Luis Seoane no Auditorio
"Luis Seoane da costa de Circe á costa da Morte" é o título da exposición que acolle o Auditorio de Galicia, con óleos da colección Alcalde Varela. A mostra está comisariada por Rosa Espiñeira Pan e producida pola Concellaría de Cultura.
Do 27 de febreiro ao 29 de abril, no Auditorio de Galicia.
Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, excepto os días de concerto, que pecha ás 19:00 h.
Axenda
O compromiso co patrimonio natural en "Art Natura"
A mostra achegará aos visitantes as obras de máis dun cento de artistas e escritores galegos para expresar o compromiso do mundo da cultura galega coa conservación do noso patrimonio natural. "Art Natura".
Ata o 16 de abril, de 18:00 a 21:00 horas, no Instituto Rosalía de Castro.
Axenda
As corais compostelás nos centros socioculturais
As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.
Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.
Axenda
Festival de Músicas Contemplativas
O Consorcio de Santiago e Turismo de Santiago presentan a segunda edición do Festival de Músicas Contemplativas. A través desta nova oferta musical preténdese ampliar a oferta cultural de Santiago durante a época de Semana Santa e captar a atención de visitantes e veciños da cidade. Música en espazos privilexiados.
Do 3 ao 7 de abril en diversas igrexas da cidade.
Axenda
Curso de teatro no Castiñeiriño
A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.
Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.