Jueves 14 de septiembre 2006
Axenda
Sons cubanos no Principal
Noite para o cha cha cha, a guaracha, o danzón e a rumba da man da Trova Camagüeyana.
O xoves 14 de setembro, ás 22:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
"Obxectos fotográficos" no Auditorio
Últimos días para visitar "Obxectos fotográficos" no Auditorio. José Manuel Fors, José Ramón Bas e Graciela Sacco amosan a súa obra nesta exposición, que quere achegarse ás novas posibilidades do mundo da fotografía a través da obra de tres artistas que teñen en común a importancia do valor obxectual da fotografía e as posibilidades de experimentar que permite.
Ata o 17 de setembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
As mellores curtas galegas do último ano, en CurtoCircuíto
O público pode ver as mellores curtas galegas de 2005: "Buenos Días", "En teoría", "Servicio a domicilio", "Baseado en feitos que poderían ter acontecido", "O ladrón de bonecas" e "Calquera sono".
O xoves 14, ás 23:00 horas, no Parque de Belvís.
Axenda
A cidade interpretada
Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.
Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...
Axenda
Conferencia inagural do VII Ciclo de Lied
O pianista Roger Vignoles pronuncia a conferencia inaugural do VII Ciclo de Lied, que este ano se titula "Aniversarios: Schumann e Mozart atopan a Mussorgski e Shostakovich".
O xoves 14 de setembro, ás 20.00 horas, na Facultade de Xeografía e Historia.
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.
Axenda
Cen anos da historia da arte a través dos "Itinerarios artísticos"
"Itinerarios artísticos. Colección Fundación María José Jove" é un proxecto cultural que inicia en Santiago de Compostela unha viaxe polas principais cidades galegas. A exposición inclúe unha selección de obras de autores clave no ámbito galego e español, que permitirá ao espectador percorrer máis de cen anos de historia da arte, desde os primeiros pasos do século XX até os nosos días.
Ata o 1 de outubro, no Museo do Pobo Galego.