Martes 17 de junio 2008
Axenda
V Semana Cultural da Trisca
O Centro Sociocultural da Trisca organiza unha nova edición da súa Semana Cultural, cun amplo programa de actividades para todos.
Do 17 ao 21 de xuño.
Axenda
Semanas Culturais na Trisca e no Castiñeiriño
"A vida nas palabras" é o título elixido polo Centro Sociocultural da Trisca para servir de fío condutor da súa Semana Cultural. Celebrarase do 16 ao 22 de xuño e contará con música, contacontos, cinema, obradoiros, teatro e excursións. Nas mesmas datas, o CSC do Castiñeiriño celebra tamén a súa semana de actividades.
Do 16 ao 22 de xuño nos CSC da Trisca e do Castiñeiriño.
Axenda
Mostra de fotografía dos nenos da Escola Infantil de Conxo
Os rapaces e rapazas de 3 a 6 anos da Escola Infantil Municipal de Conxo, que forman parte dende hai 3 anos do Obradoiro de arte, expoñen unha pequena mostra do seu labor artístico.
No Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, ata o 25 de xuño.
Axenda
Shostakovich e Brahms no ciclo de "Música na Compañía"
Un cuarteto de corda acompañado pola clarinetista Beatriz López interpretará obras de Shostakovich e Brahms na Igrexa da Universidade, no marco do ciclo "Música na Compañía".
O martes 17 de xuño, ás 20:30 horas, na Igrexa da Universidade.
Axenda
Concerto benéfico da soprano Laura Alonso e do pianista Juan Manuel Varela
O Auditorio de Galicia acolle un concerto benéfico da soprano Laura Alonso e do pianista Juan Manuel Varela a beneficio da Asociación contra o Cancro de Compostela.
O martes 17 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.