Viernes 16 de mayo 2008
Axenda
"A historieta galega", no Auditorio
A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.
Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Bicos con lingua" no Teatro Principal
Talía Teatro trae a escena Bicos con lingua. Humor, xestos, actitudes e costumes do cotián que constitúen unha proposta sincera que leva ás táboas a nosa situación sociolingüística.
Do 12 ao 16 de maio, ás 12:00 horas, no Teatro Principal
Axenda
Cinemas Dixitais proxecta en Conxo un documental sobre Isaac Díaz Pardo
O ciclo de cinema documental Cinemas Dixitais, na súa sección dedicada á Memoria Histórica, achega ao CSC de Conxo o filme 'Isaac', dedicado á figura de Isaac Díaz Pardo e dirixido por Xosé Abad Vidal.
O venres 16 de maio, ás 20:00 horas.
Axenda
O grupo de música antiga Martín Códax interpreta pezas dos séculos XV e XVI
Martín Códax, grupo de cámara especializado en música antiga da Península Ibérica, interpreta na Igrexa da Universidade obras do Llibre Vermell de Montserrat e panxoliñas e romances dos séculos XV e XVI.
O venres 16 de maio, ás 20:30 horas, na igrexa da Universidade.
Axenda
A polifacética Laurie Anderson en Sons da Diversidade
Chega a Compostela Laurie Anderson, polifacética artista de vangarda recoñecida como cantante, músico, poeta, escultora, fotógrafa, académica, escritora e entusiasta da tecnoloxía punta. Caracterizada por un espírito visionario, plasma as súas inquedanzas na montaxe e realización de espectáculos multimedia, cos que mereceu o título dunha das artistas de performance máis influíntes na escena contemporánea. É o penúltimo dos concertos de Sons da Diversidade 2008.
O venres 16 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.