Domingo 21 de noviembre 2010
Axenda
"Trazos, anacos e bosquexos" de Miguel Ángel Vigo, no CSCX do Ensanche
O CSCX do Ensanche acolle unha exposición de pintura e escultura de Miguel Ángel Vigo. Titúlase "Trazos, anacos e bosquexos" e reúne un amplo abano de obras nas que reflexiona sobre cuestións como a vida, a memoria, a soedade do individuo ou a morte.
Ata o 26 de novembro, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
Axenda
O colectivo 20º 65%, coa súa mostra "Identitas", na Casa das Asociacións
A Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes) acolle a presentación pública do Colectivo Artístico 20º 65% (20ºC e 65% de humidade, condicións óptimas para conservar unha obra de arte). Unha mostra baixo o título Identitas serve de posta de longo para este grupo.
Do 5 ao 26 de novembro, na Casa das Asociacións.
Axenda
Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda
O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.
Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.
Axenda
A Cidade Interpretada
Nove artistas internacionais transforman Santiago de Compostela durante dous meses no marco do proxecto expositivo A Cidade Interpretada. Estes creadores realizarán diversas intervencións artísticas de carácter temporal en diferentes lugares da cidade dentro desta iniciativa, comisariada por Pablo Fanego.
A Cidade Interpretada contará coas intervencións do artista romanés Mircea Cantor; a parella holandesa Lonnie van Brummelen & Siebren de Haan; a francesa Latifa Echakhch; o austríaco Andreas Fogarasi; o romanés Daniel Knorr; o galego Rubén Santiago; o alemán Florian Slotawa e o neozelandés Michael Stevenson.
Ata o 28 de novembro, en diversos espazos da cidade.
Axenda
Concerto da Banda Municipal de Música
Novo concerto dominical da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.
O domingo 21 de novembro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
"O enfermo imaxinario" no Castiñeiriño
A Asociación A Barcarola, de Pontecesures, representa O enfermo imaxinario.
O domingo 21 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño.