Lunes 10 de noviembre 2008
Axenda
"Escher e Matemáticas" na Galería Sargadelos
Con motivo da celebración da Semana da Ciencia do 10 ao 14 de novembro, a Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), en colaboración coa Concellería de Educación, organiza a exposición interactiva "Escher e Matemáticas. Diálogo entre ciencia e arte".
Do 10 ao 14 de novembro, na Galería Sargadelos.
Axenda
A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia
Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.
Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.