Miércoles 31 de mayo 2006
Axenda
Sen Xeración
O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.
Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.
Axenda
Grafitti na era dixital
The Chemical Orange (autor da montaxe) mostra unha selección de graffitis feitos con plantilla atopados nas rúas coa finalidade de achegar ó público este estilo de arte urbano. A montaxe foi producida co apoio da Rede Municipal de Centros Socioculturais.
No Café Terra Nova do 2 ao 31 de maio.