Martes 14 de febrero 2012
Axenda
Entroido nos centros socioculturais
Os centros e locais socioculturais ofrecen unha completa programación de Entroido para todos os públicos. Adxúntase o programa completo, coas datas e horarios.
Do 1 ao 25 de febreiro, nos locais e centros socioculturais.
Axenda
Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.
Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Exposición sobre "MúsicaXove 2011" no CSCXM do Ensanche
O CSCXM do Ensanche acolle unha exposición coas mellroes imaxes do certame "MúsicaXove 2011", organizada pola Concellería de Xuventude.
Do 6 ao 29 de febreiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
Axenda
Coloquio con Juanjo Mena
Coloquio con Juanjo Mena baixo o título De Beethoven a Martinu, relacionado co concerto que a Real Filharmonía de Galicia dará o xoves 16 de febreiro no Auditorio de Galicia coa súa dirección.
O martes 14 de febreiro, ás 19:00 horas, na Escola de Altos Estudos Musicais.
Axenda
Concerto no Auditorio da Banda Sinfónica do Conservatorio Superior de Música da Coruña
Concerto da Banda Sinfónica do Conservatorio Superior de Música da Coruña, dirixida por Abrahan Cupeiro e con Álvaro Blanco ao piano. Interpretarán obras de Bernstein, Gershwin, Van Delft e Aparicio.
O martes 14 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Monólogo de David Amor
Nace un novo ciclo, denominado Falabaratos: monólogos, contos e outros shows que abre David Amor co seu espectáculo Fuera de sitio.
O martes 14 e o mércores 15, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.