Sábado 12 de junio 2010
Axenda
A mostra "Ecos de ruta" na Casa das Asociacións
A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións a mostra Ecos de ruta, que recolle as fotografías realizadas por Brais Palmás nun percorrido en bicicleta polos espazos naturais de Europa ao longo de 5.500 quilómetros e catro meses.
Esta mostra exhibe 25 imaxes da paisaxe e da fauna do norte de España, Francia, Suíza, Italia, Eslovenia, Croacia e Bosnia. Dúas das fotografías da exposición foron premiadas en dúas categorías do Concurso Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Do 3 ao 16 de xuño, na Casa das Asociacións.
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
XIX Feira do Libro Antigo e de Ocasión
Durante dúas semanas, o Paseo dos Leóns da Alameda compostelá alberga a tradicional Feira do Libro Antigo e de Ocasión, que na súa XIX edición conta coa participación de librarías de distintas comunidades españolas, con máis de 100.000 exemplares que se poñerán a venda durante os 15 días de feira.
Do 5 ao 20 de xuño, de 11:00 a 14.00 e de 17:30 a 21:30 horas, no Paseo dos Leóns da Alameda.
Axenda
Titiriteiras: "Obradoiro de sombras"
No marco do programa Letras Vivas, obradoiro no que se amosará como facer e manexar as sombras chinesas creando pequenas obras de teatro.
O sábado 12 de xuño, ás 11:30 horas, no Centro Sociocultural de Vite. Ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.
Axenda
Contacontos con Marisa Irimia
O programa Santiago Encantado trae a Marisa Irimia para contar os contos de Xil Moniz e O bico da sapa.
O sábado 12 de xuño, ás 12:00 horas, no Local Sociocultural de Busto.
Axenda
IV Romaría dos Centros Socioculturais
No marco do programa Vive o Verán, festa de apertura da carballeira de Nemenzo, que serve tamén como IV Romaría dos Centros Socioculturais.
O sábado 12 de xuño, ás 12:30 horas, na carballeira de Nemenzo.
Axenda
Traballos manuais en Fontiñas
Sesión de manualidades para os sábados pola tarde dentro do programa Aulas de Xogo do Centro Sociocultural das Fontiñas.
O sábado 12 de xuño, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Los Ulen representan "Maná Maná" no Principal
A compañía Los Ulen poñen en escena Maná Maná, baixo a dirección de Juan Carlos Sánchez e coa participación de Pepe Quero, Maite Sandoval e Paco Tous.
O venres 11 e o sábado 12 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.