Sábado 22 de mayo 2010
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Obradoiro de creación de títeres en Pontepedriña
No marco do programa de animación á lectura Santiago Encantado, obradoiro de creación de títeres a cargo de Titiriarte.
O sábado 22 de maio, ás 11:30 horas, no Local Sociocultural de Pontepedriña.
Axenda
Contacontos infantil en Verdía
Nova entrea do programa Santiago Encantado, desta vez con contacontos infantil.
O sábado 22 de maio, ás 12:00 horas, no Local Sociocultural de Verdía.
Axenda
Perico o Cangrexo en Nemenzo
Dentro do programa de animación á lectura Santiago Encantado, representación de monicreques: Perico o Cangrexo.
O sábado 22 de maio, ás 12:00 horas, no Local Sociocultural de Nemenzo.
Axenda
A hora do conto en Fontiñas
Trinke-Trinke representa A hora do conto, no marco do programa Aula de Xogo.
O sábado 22 de maio, ás 12:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Migallas Teatro representa "Camiño de historias"
Dentro do programa Letras Vivas Animación, representación da obra Camiño de historias a cargo da compañía Migallas Teatro.
O sábado 22 de maio, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural de Vite.
Axenda
Manualidades no CSC das Fontiñas
No marco do programa Aula de Xogo, sesión de manualidades.
Os sábados 8, 15, 22 e 29 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Mostra do Teatro Universitario de Galicia
O Teatro Principal acolle unha nova edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia.
Do 18 ao 22 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
O Centro Dramático Nacional presenta "Platonov", de Chejov
Gerardo Vera e o Centro Dramático Nacional presentan esta espectacular montaxe a partir do Platonov de Chejov, unha obra sobre a caída dun home e sobre a extinción dun mundo. Juan Mayorga é o responsable da adaptación desta obra primeiriza e xa maxistral do escritor ruso, na que descobre personaxes, espazos, atmosferas e tensións que dominarán as súas obras de madurez.
O venres 21 e o sábado 22 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.