Miércoles 12 de mayo 2010
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Os primeiros xogos
Baixo o título Os primeiros xogos, o CSC das Fontiñas organiza actividades de entretemento para nenos menores de cinco anos.
O mércores 12 de maio, ás 17:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas. Menores de 5 anos.
Axenda
Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C
A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.
Ata o 21 de maio, na Zona "C".
Axenda
XV Certame de Teatro Intercentros
O XV Certame de Teatro Intercentros conclúe coa representación da obra gañadora no Teatro Principal. Este festival, organizado pola Concellería de Educación e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago, contou coa participación de 14 centros escolares de Santiago e comarca.
O mércores 12 de maio, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Concerto do pianista chino Lang Lang
Lang Lang, considerado o mellor pianista da actualidade, interpretará no seu concerto en Santiago de Compostela obras de Beethoven, Albéniz e Prokofiev.
O mércores 12 de maio, ás 21:00 horas, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
Axenda
Javier Perianes coa RFG dirixida por Michal Nesterowicz
Javier Perianes é un pianista novo pero cun importante recoñecemento internacional. Neste concerto coa Real Filharmonía de Galicia interpretará pezas de Urrutia, Rautavaara e Chopin baixo a dirección do polaco Michal Nesterowicz, de só 36 anos.
O mércores 12 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.