Sábado 17 de abril 2010
Axenda
Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"
A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.
A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.
Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).
Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)
Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Contacontos en Nemenzo
Sesión de contacontos infantil no marco do programa Santiago Encantado-Animación á Lectura.
O sábado 17 de abril, ás 12:00 horas, no Local Sociocultural de Nemenzo.
Axenda
A hora do contaconto en Fontiñas
No marco do Programa Aula de Xogo, "A hora do contaconto".
O sábado 17 de abril, ás 12:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C
A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.
Ata o 21 de maio, na Zona "C".
Axenda
Con A de astrónomas
Mostrarlle ao público as considerables achegas das mulleres á ciencia da Astronomía ao longo da historia. Este é o principal obxecto da mostra Con A de astrónomas. Unha visión do Cosmos na fin do camiño das estrelas.
A Concellería de Educación colabora nesta exposición, promovendo a participación do alumnado da cidade.
No Colexio de Fonseca ata o 29 de abril.