Jueves 6 de agosto 2009
Axenda
Vive o Verán
Vive o Verán! segue enchendo de actividades a época de vacacións en Compostela. O programa componse de cursos de tai chi e ximnasia terapéutica; actividades dirixidas aos máis pequenos como o Xogandoando, xogos de sempre nos parques, excusións ao Parque Acuático de Cerceda e a Bibliopiscina; obradoiros de aeromodelismo e medioambientais; actividades astronómicas, Liberalibros, cinema ao aire libre e visitas guiadas aos espazos verdes da cidade (ríos, parques, etc.).
Ao longo dos meses de xullo e agosto en diversos espazos da cidade.
Axenda
Festival dos Abrazos
O Festival dos Abrazos é unha mostra da creación contemporánea que ofrece unha nova ollada sobre os espazos singulares de Santiago de Compostela. Un diálogo aberto, intercultural, dinámico e imaxinativo.
Do 1 ao 31 de agosto nos lugares singulares de Compostela.
Axenda
A mostra "En branco", de Jesús Madriñán, na Zona "C"
Jesús Madriñán expón a súa obra na Zona "C", nunha mostra comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro e coa colaboración do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago.
Do 24 de xuño ao 20 de setembro, na Zona "C".
Axenda
Os compositores españois, da man de Maximino Zumalave
O segundo dos concertos que a Real Filharmonía de Galicia ofrece dentro do curso internacional Música en Compostela estará dedicado á música española.
Baixo a dirección de Maximino Zumalave, soarán pezas de Joaquín Rodrigo, García Abril, Falla e Arriaga, todos eles compositores consagrados da música española.
O xoves 6 de agosto, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.