Miércoles 24 de mayo 2006
Axenda
Sen Xeración
O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.
Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.
Axenda
Exposición en Fontiñas
"Bilingüismo cromático" é o título da exposición que Encarna Álvarez Gallego presenta no Contro Sociocultural de Fontiñas.
Do 12 ó 19 de maio, co seguinte horario:
Luns: de 10:00 a 14:00 horas.
De martes a sábado: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Axenda
Festas da Ascensión
Primeiro día das Festas da Ascensión
PROGRAMA DO DÍA
12.00 h.
Disparo de bombas anunciando o comezo das festas
12.30 e 20.00 h.
Pasarrúas Gaiteiros
20.00 h.
Fanfarria N.B.A.
22.00 h.
Orquestra París
Paseo central da Alameda
23.00 h.
Concerto:
Muchachito Bombo Infierno
Kiko Veneno
Campus Sur
Entrada libre
23.00 h.
Blues no Toural
Paul Camilleri
Axenda
Exposición sobre Mozart en Fontiñas
Cúmprense 250 anos do nacemento de Mozart. Con este motivo, o Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Centros Socioculturais, e a Editorial Everest organizan unha exposición e talleres sobre o compositor.
O acto de inauguración, o venres 5 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas.
Axenda
Grafitti na era dixital
The Chemical Orange (autor da montaxe) mostra unha selección de graffitis feitos con plantilla atopados nas rúas coa finalidade de achegar ó público este estilo de arte urbano. A montaxe foi producida co apoio da Rede Municipal de Centros Socioculturais.
No Café Terra Nova do 2 ao 31 de maio.