Sábado 25 de febrero 2012
Axenda
Entroido nos centros socioculturais
Os centros e locais socioculturais ofrecen unha completa programación de Entroido para todos os públicos. Adxúntase o programa completo, coas datas e horarios.
Do 1 ao 25 de febreiro, nos locais e centros socioculturais.
Axenda
Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.
Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Exposición sobre "MúsicaXove 2011" no CSCXM do Ensanche
O CSCXM do Ensanche acolle unha exposición coas mellroes imaxes do certame "MúsicaXove 2011", organizada pola Concellería de Xuventude.
Do 6 ao 29 de febreiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
Axenda
Xogos populares na praza Roxa
Volven os xogos populares organizados polo Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
O sábado 25 de febreiro, ás 12:00 horas, na praza Roxa
Axenda
Diamond Dogs + Sugar Mountain no Compostela Rock
Os suecos Diamond Dogs chegan ao Compostela Rock para presentar o seu novo álbum, Set Fire To It Al, acompañados polos galegos Sugar Mountain, que presentan un amplo repertorio dos seus discos e novas cancións da súa próxima gravación.
Axenda
"Sexo, por que non?" no Principal
Mercedes Castro protagoniza a posta en escena da obra Sexo, por que non?, dirixida por Álvaro Landín.
O venres 24 e o sábado 25 de febreiro, ás 21:00 horas, e o domingo 26,ás 20:00 horas, no Teatro Principal.