Lunes 16 de junio 2008
Axenda
Semanas Culturais na Trisca e no Castiñeiriño
"A vida nas palabras" é o título elixido polo Centro Sociocultural da Trisca para servir de fío condutor da súa Semana Cultural. Celebrarase do 16 ao 22 de xuño e contará con música, contacontos, cinema, obradoiros, teatro e excursións. Nas mesmas datas, o CSC do Castiñeiriño celebra tamén a súa semana de actividades.
Do 16 ao 22 de xuño nos CSC da Trisca e do Castiñeiriño.
Axenda
Mostra de fotografía dos nenos da Escola Infantil de Conxo
Os rapaces e rapazas de 3 a 6 anos da Escola Infantil Municipal de Conxo, que forman parte dende hai 3 anos do Obradoiro de arte, expoñen unha pequena mostra do seu labor artístico.
No Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, ata o 25 de xuño.