Viernes 12 de abril 2013
Axenda
Unidos pola arte
A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa
A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Bodas de sangre", de García Lorca, por Tejido Abierto Teatro
Bodas de sangre é, xunto a La casa de Bernarda Alba e Yerma unha das obras máis representadas do teatro lorquiano. Esta Bodas de sangre representada por Tejido Abierto Teatro é unha aposta pola poesía lorquiana inmersa nas raíces flamencas onde a traxedia andaluza convértese en teatro.
O xoves 11 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
O venres 12 de abril, funcións escolares ás 9:30 e 12:00 horas, tamén no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Sidonie
Sidonie, unha das bandas de referencia do rock nacional está de volta, e faino coa publicación dun dos seus discos máis persoais dos últimos anos, El Fluido García, que levan presentando por toda España desde finais do pasado ano.
O venres 12 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Giulia Valle Group
Giulia Valle Group chega a Santiago da man do VI Ciclo 1906 Jazz.
O venres 12 de abril, ás 22:30 horas, no Jazz Club Dado Dadá.
Máis información: Compostela Capital Cultural