Martes 3 de julio 2012
Axenda
"Políptico" na Zona "C"
A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.
Ata o 23 de setembro, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Compositores na Academia de España en Roma
Festival Vía Stellae chega neste ano á súa sétima edición que se celebrará do 2 ao 13 de xullo en diferentes lugares de Santiago de Compostela. En total, serán 20 eventos musicais que terán como eixe central a música antiga e barroca pero sen esquecer outras épocas e xéneros, prestando unha atención moi especial á música contemporánea e a creación actual, especialmente aos autores da nosa terra.
PREVIA AO CONCERTO: Charla-coloquio "Nómadas en Roma: compositores contemporáneos na Academia de España"
Fernando Buide (compositor) Julio Mourenza (pianista, ensemble s21)
Compositores na Academia de España en Roma
Ensemble s21
Eva Juárez soprano
O martes 3 de xullo, ás 21:30 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). A charla previa será ás 20:30 horas.
Máis información: Compostela Capital Cultural