Jueves 5 de mayo 2011
Axenda
Exposición sobre Xulio Verne na Casa das Asociacións
A Casa das Asociacións acolle unha exposición retrofuturista de obxectos e traxes que intenta responder á pregunta "¿Cómo sería Santiago imaxinada por Xulio Verne". Estará aberta ata o sábado 7.
A mostra está organizada por Sentinel Wardrobe, o mesmo colectivo que em 2010 encheu as rúas da Cidade Histórica co fans de A guerra das galaxias. Agora, baixo o título A extraordinaria ucronía, celebran que, hai 111 anos, Xulio Verne escribiu un relato curto imaxinando a cidade de Santiago no ano 2011. Os organizadores defíneno coma un evento steampunk, neovictoriano e retrofuturista.
Axenda
Concerto didáctico da Banda Municipal de Música
Baixo a dirección de Xosé Carlos Seráns, concerto didáctico da Banda Municipal de Música, baixo o título Imos á Banda!.
O xoves 5 de maio, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Obradoiro de xogos e xoguetes en Conxo
A xogar! é a nova proposta do programa Aula de Xogo. Obradoiro de xogos e xoguetes.
O xoves 5 de maio, ás 18:00 e 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.
Axenda
Baúl creativo para nenos de 5 a 9 anos
O programa de actividades da biblioteca leva a Conxo a súa iniciativa Baúl creativo, dirixida a nenos de 5 a 9 anos.
O xoves 5 de maio, ás 19:00 e 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.
Axenda
Les Slovacks traen dous espectáculos de danza ao Principal
O ciclo SCQ Danza trae a Compostela a Les Slovacks Dance Collective. Porán en escena dous espectáculos: Whitin (Dentro), o 4 de maio, e Journey Home (Viaxe a casa), o 5 de maio.
O mércores 4 e o xoves 5 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
A Real Filharmonía interpreta a Haydn, Schnittke e Beethoven
Novo concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, desta vez baixo a dirección de Christoph König. Gregori Nedobora e Nikolai Velikov estarán a violín e Simona Kantcheva ao piano. Interpretarán obras de Haydn, Schnittke e Beethoven.
O xoves 5 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Exposición "Con A de Astrónomas" nas Fontiñas
Con A de Astrónomas é unha historia que empeza hai miles de anos, quizáis centos de miles, cando as nosas antepasadas, con "a", miraron ao ceo e preguntaron que había nel. É seguro que, xa entón, as mulleres mediron o tempo observando a Lúa e o Sol.
Do 26 de abril ao 18 de maio, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
"Casus belli + Refutación do contexto"
O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.
Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.