Miércoles 21 de diciembre 2011
Axenda
"Cal e canto", exposición do Colectivo Batbirulau na Zona C
O colectivo Batbirulau, creado en Compostela no ano 2007, protagonista da nova intervención da Zona "C", baixo o título Cal e canto.
Do 21 de outubro de 2011 ao 22 de xaneiro de 2012, na Zona "C".
Axenda
Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.
Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Programa "Vive o Nadal" nos centros e locais socioculturais
Obradoiros, contos, xogos, panxoliñas e moito máis no programa Vive o Nadal.
Ata o 4 de xaneiro nos centros e locais socioculturais.
Axenda
Corais de Compostela no Nadal
A programación do Nadal inclúe un ano máis as interpretacións desta época a cargo das diversas corais de Compostela.
Do 19 ao 21 de decembro, ás 20:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca", de Álvaro Cunqueiro
Sarabela Teatro presenta O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, de Álvaro Cunqueiro, baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda e dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O mércores 21 e o xoves 22 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.